O famoso plan Bolonia e a súa relación cás TiC

O Tratado de Bolonia

En 1999, os Ministros de Educación Europeos iniciaron un proceso de reforma en Bolonia e acordaron unhas liñas de acción co obxecto de desenvolver o Espazo Europeo de Educación antes do ano 2010. A principal reforma consiste en crear un Espazo Europeo de Educación Superior competitivo e que sexa atractivo tanto para os estudantes como para os docentes, e por suposto, atractivo para terceiros países. Os cambios máis substanciais que se van a producir pódense sintetizar en dous grandes grupos. Por unha banda, as adaptacións curriculares e por outra, as adaptacións tecnolóxicas.

O Espazo Europeo de Educación Superior esixe a adopción dun sistema de titulacións universitarias facilmente comparable en toda Europa. Así mesmo, búscase a mobilidade polas universidades europeas dos estudantes, profesores e investigadores, á vez que fomentar a aprendizaxe continuada e a calidade. Desta maneira, as principais novidades son a adaptación a un sistema de titulacións universitarias de dous ciclos (Título de Grao e Título de Posgrao), e a utilización dunha valoración do crédito universitario igual para todos os países europeos (o chamado ECTS)European Credits Transfer System). As adaptacións tecnolóxicas están a supor unha auténtica revolución nas universidades españolas que se poden considerar bastante tradicionais neste aspecto. Debido a isto producirase unha homoxeneización das posibles titulacións, así como os masters, no canto de ser cada vez máis específicos serán máis xerais e estarán enfocados á empresa privada. A cal será a encargada, en gran parte de establecer os plans de estudo.

Algunhas das novidades do Tratado de Bolonia implican un maior traballo persoal do alumno, actividades non presenciais e traballos en grupo. Isto só será posible mediante o uso de todas as posibilidades que ofrece Internet e as novas tecnoloxías TIC.

Nota do autor do blog: Con este artigo non pretendo entrar no debate sobre o adecuado ou non do plan Bolonia, se non na súa relación coas TiC, un tema que nos toca moi de cerca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario